26/01/09

As fotos da presentación



A xornalista, Sonia Torre, presentou o acto da estrea.



En primeiro termo, aparecen a concellaira de cultura e o concelleiro de seguridade do Concello de Ourense, o delegado da Consellaría de cultura, o tenente alcalde de amoeiro e o secretario da delegación de cultura da Xunta de Galicia.




Alberto Pérez, o entrenador de piolinda, Victor Mosqueira, o actor protagonista, e Alber Ponte, o director e guionista da curta.


(Todas as fotos son do blog da editorial Galaxia)

10/01/09

Grazas Urbano . Moitas grazas Amoeiro

Urbano, o tenente alcalde de Amoeiro, fixo o imposible para poder rodar en Amoeiro. Fixó as xestións para poder abrir o pazo museo un luns, (Grazas tamén a Galaxia e á Fundación Otero Pedrayo), e ademáis esta empeñado, en que a presentación da curta, prevista como sabedes para este luns, sexa todo un éxito.



Texto da invitación:


A tenencia de alcaldía do Concello de Amoeiro, comprácese en convidalo á estrea mundial da nova curta de Alber Ponte "A galiña, A galiña, e...a galiña", para o vindeiro 12 de xaneiro de 2009, no pazo museo Otero Pedrayo de Trasalba, ás 19 horas.

A presentación contará coa presenza do actor Victor Mosqueira (Mofa e Befa, mareas vivas, un paso adelante...) co director e guionista Alber Ponte, e parte do equipo da rodaxe.

Agardamos a túa asistencia.

Os protagonistas

VICTOR MOSQUEIRA (Pedro)

A súa carreira como actor comeza no teatro galego en 1978. Fórmase na Scuola Internazionale dell’attore Comico con Antonio Fava, na Bont’s School of Clown con Eric de Bont e en diversos obradoiros con Jesús Aladrén, Martín Adjemián, Leo Bassi o John Wright, especializándose en comicidade, clown e Commedia dell’Arte. Ten participado en compañías como ‘O Moucho Clerc’ (‘Un códice clandextino’, ‘O Rousinol da Bretanha’), ‘Centro Dramático Galego’ (‘Espectros’, ‘Un soño de verán’, ‘O incerto señor don Hamlet’) e ‘Ollomoltranvia’ (‘Commedia: un xoguete para Goldoni’, ‘Escola de Bufóns’…). Na actualidade, o seu traballo está vinculado ó dúo cómico Mofa e Befa (Para ser exactos, ‘Finis Mundi Circus’), sendo destacado co premio ‘María Casares’ (1999) ó mellor actor de reparto. [Ver máis?]


PIOLINDA DE OUTEIRO ( A galiña)

Piolinda, naceu en Badaxoz no 2002. Cando lle din que ser capicua trae sorte ela sempre pensa que refírense a súa condición animal. Os avatares do destino a levaron nunha camioneta ata Cadiz. Ali foi mercada por un curmán de Angel Cristo, que traballaba de transportista e faquir a domicilio. Piolinda, que non perdía ollo, aproveitóu unha borracheira do seu novo amo para fuxir durante unha noite de tormenta. Empuxada polo vento rematóu coas súas plumas na cuberta dun barco grego. Comprobando, moi ó seu pesar, que coa axuda do vento non aprendera a volar, optóu por buscar refuxo na bodega do mercante. E así cruzóu Piolinda o Atlántico ao amparo de varios barrís de cereais, oportuna despensa que fíxolle mais que soportable tan longa travesía.

O único percance digno de mención xurdíu cando o cociñeiro chileno atopóu un ovo, que, ó seu experimentado xuizo, era de corral. Tras unha acalorada disputa resolveuse a discusión otorgando a propiedade do ovo ao maquinista galego, que, incriblemente, aceptóu a responsabilidade sen preguntar. Amarrados na bahía de Hudson, Anselmo, así chamabase o coruñés en cuestión, que non tiña un pelo de tonto, fixo garda ata descubrir á galiña polizonte. “Por fin levaréi un regalo ós parentes de New Jersey”, pensaba ufano Anselmo mentres baixaba á terra. O seu único erro tivo lugar cando decidíu visitar antes a unha amiguiña que traballaba nun restaurante da rúa 48, en pleno West Side de Maniatan. Unha ollada ao Empire State foi suficiente para que un rapaciño de Brooklyn lle dera un empuxón, e así, sen querer, deixárao sen reloxo, carteira e bolsa de deportes. Unha vez cobixado na azotea de rigor, Harvey abríu con ansiedade a bolsa, e a punto estivo de morrer co susto cando atopouse cos ollos dunha galiña española. Como Harvey, no fondo, era un bo rapaz, colléu a Piolinda pola ás e levouna como agasallo a súa avoa, -algo molesta dende que o seu neto robáralle a lavadora-. Minnie, así chamabase a señora, aceptóu o regalo, ainda que eso non conlevaba unha tregua, co cal espantóu a Harvey coa nova vasoira de aceiro espinoso.

Piolinda pasóu a vivir nun pequeño xardín traseiro, e foise acomodando, como se aquela porción de solo da cidade de New Iorque fose un anaco de terra extremeña. Bastóu medio ano para que esta galiña dominase o spanglish da zona, tempo record para un emigrante sen estudos previos. E foi nunha tarde de primavera cando enriba do valo que rodeaba o seu territorio aparecéu Eduardo, un galiño mexicano, que en menos do que canta un animal da súa especie, conquistóu os favores da coqueta Piolinda.

A relación tornouse tan intensa que a avoa Minnie non puido impedir que a parella se largase co vento fresco e con dirección ao legendario Off Broadway. Alí conseguíu Eduardo un pequeño papel nun drama titulado “Los hijos de Zapata”. Noite tras noite, a galiña asistía entre bastidores ó saber estar teatral do seu atractivo compañeiro. A obra permanecéu un ano en cartel, e Piolinda comenzóu a facer esporádicas sustitucións. Tras unhas cantas funcións, o director da obra descubríu o talento da galiña española, e así, como quen non quere a cousa, Piolinda pasóu a desempeñar un novo papel, creado exclusivamente para ela, e no que tiña que expresar, o mesmo tempo, coraxe e devoción, mentres o fantasma do mítico revolucionario soltaba un monólogo de quince minutos.

O éxito foi tan rotundo que Piolinda comenzóu a recibir múltiples ofertas: desde “Cats”, montaxe cun título que non lle gustaba demasiado, ata “El rey y yo”, un espectáculo que levaba moitos anos sen interrupción, e que podía permitirse o luxo de non averiguar se no Siam existían galiñas.
Pola sua banda, Eduardo, un tanto dolido, enganchouse do zume de millo, despertando cunhas resacas que alarmaban a todo o vecindario. Piolinda, farta de picotazos, ofreceulle a oportunidade de convertirse no seu axente, e, como soe pasar, el escarallouno todo cando esixíu, con grandes ars de grandeza, que a obra na que traballaba a súa compañeira pasara a chamarse “El rey y yo, y la gallina”. Na Compañía non sentóu demasiado mal, pero esixiron a cambio que o galiño aparcara as súas bravuconas plumas o mais lonxe posible do teatro.

No 2007 Piolinda marchóu para España formando parte dunha longa xira por toda Europa. Nin siquera puido despedirse de Eduardo, a quén xa levaba tres días sen ver. Sen abrir o pico acomodouse entre dous paquetes cheos de xoias do atrezzo e sobrevoou o Atántico cunha grande mágoa no seu corazón.
Foi durante a representación no Teatro Principal de Santiago de Compostela cando a súa vida deu un novo xiro. O director da obra, (é mellor omitir o seu nome) encaprichouse dunha estudante alemana que, casualmente, convivía cunha galiña de Carballo. O amor, xa se sabe, é cego, e Piolinda, sen mais explicacións, foi posta de patitas na rúa.

Durante varios meses foi sobrevivindo de corral en corral ata que un bo día atopouse con Manuela, unha veciña da aldea de Vilestro. A veterinaria da zona, Verónica, visitóu a Manuela para facer o control rutinario dos seus animais, e grazas ós seus estudos, cando reparóu na recén cegada soubo dende o primeiro instante que aquela galiña cacareaba con acento de New Iorque. Contoullo ó seu amigo Alber Ponte, que unha semana antes volvera da cidade dos rañaceos tras buscar localizacións para unha futura longametraxe. Como Alber tamén tiña en mente resucitar un vello proxecto protagonizado por un home e unha galiña, non dubidóu en facerlle unha proba.

Piolinda, tranquila, fixo unha “performance” impresionante que remataba cunha sobrecolledora versión de “Over the rainbow”. Nestes momentos, Alber atópase ensaiando co seu novo descubremento, que ademais de estar aprendendo, a grande velocidade, como cacarexar con acento galego, acóstase cada noite pensando que traballar como única actriz nunha curtametraxe titulada “A galiña, a galiña e…..a galiña” non o houbera imaxinado nin o seu amado Eduardo.

Agora no cumio do seu éxito galego, adoita ser chamada Piolinda de Outeiro, símbolo do seu novo estatus estelar da cinematografia galega.

Alber Ponte

Nacido un 13/12/1963 en Dorking, Surrey (Inglaterra)

Dos 18 aos 25 anos vive en Madrid, Londres, México DF e Nova Iorque; cidades onde estuda e traballa en distintas actividades relacionadas co mundo da imaxe e o teatro. En 1988 funda o grupo musical “Alber y el peligro infinito”. Durante tres anos (90-92) realiza a crítica de cine para o diario compostelán "El Correo Gallego". Desde 1992 codirixe “El secreto del acomodador” na Cadena Ser de Galicia ata o 2004. A principios de 1992 funda xunto o escritor Aníbal C. Malvar a produtora Sierra Madre S.L.. En 1995 funda a Compañía de Teatro Independiente Grado Supino. Na primavera de 1996 realiza un documental sobre a Real Filarmónica de Galicia, “La Real Philarmonía de Galicia”. Un ano despois, abril do 97, gaña o certame nacional de fotografía para a campaña publicitaria de Brandy 103; grazas ao cal coñece a costa oeste americana además de Arizona, Utah,, New Mexico e Colorado. Tres meses despois, comenza recibir premios polo súa curtametraxe “El origen del problema” dentro e fora de España, chegando a obter 24, e sendo o máis importante o gran premio do publico de Clermont Ferrrand

En maio do 98 escribe a obra de teatro “Ultimamente non durmo nada” que representará a Compañía Teatro Na Lúa. Tamén realiza un documental sobre os poemas que García Lorca escribiu en galego

En 1999 dirixe “Unha luz prendida”, súa outra curta máis premiado, sendo o galardón máis importante o primer premio no Festival Internacional de Bruselas

No ano 2000, ademáis de traballar como actor para Monica Laguna (“Juego de luna”) e Juan Carlos Fresnadillo (“Intacto”), exerce de coordinador no programa Versión Española (TVE) e sigue rodando curtas

Participou como actor nas series de televisión “Hermanas”, “Periodistas”, “Al salir de clase”, “Policías”, “Motivos personales”, “Génesis” e “La familia Mata”, en la TV-movie “La Atlántida” e no longametraxe “Alatriste”

Dirixiu ata a data 45 curtas, 2 longametraxes, 3 documentais, publicidade, videoclips e corporativos.

Ten escrito 8 guións de longametraxe, 25 relatos, sete obras de teatro e dos poemarios, ademáis dunha longa serie de artigos de opinión, críticas de cine e música, e entrevistas publicadas na prensa

Guioniza e dirixe las galas de inauguración e clausura do festival “Mujeres de Cine” (Granada, 2006 e 2007), e do Festival de Comedia de Peñíscola (2007)

Desde o 2004 imparte charlas sobre “Cómo perder o medo a falar en público” e amenos cursillos de cine en distintos festivais e escolas.

Entre el 2007 e 2008 roda as curtas “Rosita e Jacinto” “La cara B”, “Borrasca interior” “A raza palleira”, “No tardes”, “Los tesoros de Caracona”, “Gloria para todos” “20 aniversario”, “Las lágrimas”, “El día libre” e “La vida era fácil”. E despois de rematar “A galiña, a galiña e…a galiña”, prepara duas obras teatrais “Llámame todos los días” e “Estar dos”.

Coa súa produtora Producciones Sierra Madre prepara a preproducción da longametraxe “Little Galicia”, un guión seu con subvención de desenvolvemento de proxecto da Xunta de Galicia en 2007-2008.

En xuño de 2008 recibe unha homenaxe na semana de Cine Español de Regensburgen. (Alemania), polas que se publicará un libro sobre a súa traxectoria como un dos curtametraxistas máis prolíficos de Europa.


Filmografia:

Longametraxes:

“Ni en sueños” (1994), rodado en 35 mm. Producido por J.L Rodríguez Carballido.
“El don de la duda” (2004), rodado en video digital. Producido por A Productora Morta.

Curtametraxes:

“Cual dos extraños” (1990)
“Cielito lindo” (1991)
“Cercanías” (1992)
“Carácter videográfico” (1992)
“Atlántico Express” (1993)
“Vete, Davis” (1994)
“Qué le pasó a mi Johnny” (1995)
“El ayudante peruano” (1996)
“No quiero ni pensarlo” (1996)
“Mátame unos cuantos” (1996)
“Pena máxima” (1997)
“Llaman a la puerta” (1997)
“El origen del problema” (1997) (Prod. Samarkanda)
“Esta noche cruzamos AL Misisipi” (1998)
“Décimo aniversario” (1998)
“La caja negra” (1998)
“Derechos de autor” (1999) (Prod. Imval)
“Una luz encendida” (1999)
“El momento oportuno” (2000)
“Las palabras necesarias” (2001)
“Esplendor en la hierba” (2001)
“Cuando llegue el frío invierno” (2001)
“¿Sabes qué día es hoy?” (2002) (Prod. Filmart)
“El barbero ciego” (2002) (Prod Kbza Líquida)
“Lugares sin importancia” (2003)
“Lost in Medina” (2004)
“Esperando” (2004) (Prod. A Productora Morta)
“Riazor Blues” (2005)
“Pernambuco” (2006) (Prod. La Fábrica Onírica)
“Francisco se casa” (2006)
“La pesadilla de Sam” (2006)
“La otra solución” (2006)
“Sin estrellas invitadas” (2006)
“Rosita y Jacinto” (2007)
“La cara B” (2007)
“Borrasca interior” (2007)
“A raza palleira” (2007)
“Trailers” (2007)
“No tardes” (2007)
“Las lágrimas” (2007)
“Los tesoros de Caracona” (2008)
“Gloria para todos” (2008)
“Vigésimo aniversario” (2008)
“El día libre” (2008)
“La vida era fácil” (2008)
“La gallina, la gallina y…la gallina” (2009)

Existen 3 curtas cuxo material, actualmente, está desaparecido. Dous gravaronse nos anos 80 en Super 8, e se titulaban “A caballo regalado…..” e “ Plumas eternas”. O outro é do ano 1995, gravouse en video e recibía o nome “Te como el rey”.

Documentais :

“La Real Philarmonía de Galicia” (1998)
“Lorca, Santiago y seis poemas gallegos” (1998)
“ManchArte, un año de chapapote” (2003)