19/12/08

A GALIÑA, A GALIÑA, E...A GALIÑA!

Un sono de Alber Ponte

Este proxecto, como o seu propio título indica, nace dunha obsesión. A do personaxe, que eu, como creador, tamén fixen miña.

No 1993, fai quince anos, -que se di pronto-, tras dirixir en dous anos e medio cinco curtametraxes con produción privada, decidín que a miña seguinte aventura cinematográfica tomara derroteiros que nin eu mesmo houbera sospeitado. Era necesario plantexarse unha historia na que o protagonista, como nos meus anteriores traballos, vírase envolto nunhas circunstancias descoñecidas ou inesperadas, pero que neste caso, foran moi perigosas, tanto no sentido físico como no mental.

Se a elo engadíase unha involuntaria soidade nun entorno distante da “civilización” non era difícil atopar patróns xenéricos que me conduciran finalmente a “A galiña, a galiña e…a galiña”; un humilde intento de, cun só argumento, rendir tributo ao peregrinaxe existencial do capitán Ahab de “Moby Dick”, e ás patéticas tribulacións do “coyote” perseguindo ao antipático “correcaminos” da Warner.

O matiz que diferencia esta historia daquelas nas que os protagonistas enfrentábanse cunha poderosa balea (en realidade, un cachalote), ou unha ave veloz como o vento, non podía ser mais sinxelo e, pola mesma razón, mais “demoledor”: o inimigo é unha galiña; unha galiña branca, vulgar, cotidián…pero inaprensible para un home morto de fame. Ese tipo de homes curtidos e acostumados a loitar contra osos, incendios, ventos huracanados, desbordamentos fluviais….e se me apuran, contra o prezo do gas-oil.

Un heroe de acción conta coas armas necesarias para executar proezas, pero o que nunca xamais sospeitará é que a súa seguinte misión pode consistir en atrapar unha galiña. E non estamos falando dun animal con poderes extraordinarios senón dunha vulgar e escurridiza galiña.

A súa cor branca, ademais da obvia homenaxe, foi elexida para contrastrar coas cores ocres propias dun aserradeiro. Se a galiña fose marrón produciríase un efecto de mimetismo cromático de pouca funcionalidade visual. Trátase de non poñelo difícil, nin ao espectador, nin ao protagonista (que xa ten bastante), nin aos axudantes de producion.

(A foto é de Pili Prol, La Voz de Galicia 7/12/2008)

Sem comentários:

Enviar um comentário