29/12/08

A galiña?

Víctor, un leñador de trinta e tantos anos, e con algún pelo no peito, despois de facer unha ruta a pé por plena natureza, volve ao aserradeiro-“cuartel xeral”. Unha vez alí, descubre na cabana unha nota na que os seus amigos, e compañeiros de traballo, dinlle que, ó non poder avisalo, xa que ten o móbil escarallado, tiveron que marchar sen el á cidade; que tan só estarán fora tres días, e que xa lle deixaron comida dabondo. A sorpresa non lle fai moita gracia, pero o que xa mosquéao de verdade é atopar a despensa case vacía despois dunha batida dos simpáticos animais do bosque.

Victor tenta entreterse lendo “Moby Dick”, un vello exemplar que deixóu un dos seus “colegas”. Cando está farto de ler, ou sexa, antes de rematar o primeiro párrafo, descubre, perplexo, como diante dos seus fociños, pasa unha galiña branca picoteando tranquílamente como se estivera no seu propio curral.Víctor nono pensa duas veces, e salta correndo detrás da galiña mentres pensa como vaina cociñar. O que este inocente e famento home non sabe e que as galiñas a campo aberto non son fáciles de coller, e que ésta, en concreto, podería gañar un campeonato mundial de fuga.

Sem comentários:

Enviar um comentário