10/01/09

Alber Ponte

Nacido un 13/12/1963 en Dorking, Surrey (Inglaterra)

Dos 18 aos 25 anos vive en Madrid, Londres, México DF e Nova Iorque; cidades onde estuda e traballa en distintas actividades relacionadas co mundo da imaxe e o teatro. En 1988 funda o grupo musical “Alber y el peligro infinito”. Durante tres anos (90-92) realiza a crítica de cine para o diario compostelán "El Correo Gallego". Desde 1992 codirixe “El secreto del acomodador” na Cadena Ser de Galicia ata o 2004. A principios de 1992 funda xunto o escritor Aníbal C. Malvar a produtora Sierra Madre S.L.. En 1995 funda a Compañía de Teatro Independiente Grado Supino. Na primavera de 1996 realiza un documental sobre a Real Filarmónica de Galicia, “La Real Philarmonía de Galicia”. Un ano despois, abril do 97, gaña o certame nacional de fotografía para a campaña publicitaria de Brandy 103; grazas ao cal coñece a costa oeste americana además de Arizona, Utah,, New Mexico e Colorado. Tres meses despois, comenza recibir premios polo súa curtametraxe “El origen del problema” dentro e fora de España, chegando a obter 24, e sendo o máis importante o gran premio do publico de Clermont Ferrrand

En maio do 98 escribe a obra de teatro “Ultimamente non durmo nada” que representará a Compañía Teatro Na Lúa. Tamén realiza un documental sobre os poemas que García Lorca escribiu en galego

En 1999 dirixe “Unha luz prendida”, súa outra curta máis premiado, sendo o galardón máis importante o primer premio no Festival Internacional de Bruselas

No ano 2000, ademáis de traballar como actor para Monica Laguna (“Juego de luna”) e Juan Carlos Fresnadillo (“Intacto”), exerce de coordinador no programa Versión Española (TVE) e sigue rodando curtas

Participou como actor nas series de televisión “Hermanas”, “Periodistas”, “Al salir de clase”, “Policías”, “Motivos personales”, “Génesis” e “La familia Mata”, en la TV-movie “La Atlántida” e no longametraxe “Alatriste”

Dirixiu ata a data 45 curtas, 2 longametraxes, 3 documentais, publicidade, videoclips e corporativos.

Ten escrito 8 guións de longametraxe, 25 relatos, sete obras de teatro e dos poemarios, ademáis dunha longa serie de artigos de opinión, críticas de cine e música, e entrevistas publicadas na prensa

Guioniza e dirixe las galas de inauguración e clausura do festival “Mujeres de Cine” (Granada, 2006 e 2007), e do Festival de Comedia de Peñíscola (2007)

Desde o 2004 imparte charlas sobre “Cómo perder o medo a falar en público” e amenos cursillos de cine en distintos festivais e escolas.

Entre el 2007 e 2008 roda as curtas “Rosita e Jacinto” “La cara B”, “Borrasca interior” “A raza palleira”, “No tardes”, “Los tesoros de Caracona”, “Gloria para todos” “20 aniversario”, “Las lágrimas”, “El día libre” e “La vida era fácil”. E despois de rematar “A galiña, a galiña e…a galiña”, prepara duas obras teatrais “Llámame todos los días” e “Estar dos”.

Coa súa produtora Producciones Sierra Madre prepara a preproducción da longametraxe “Little Galicia”, un guión seu con subvención de desenvolvemento de proxecto da Xunta de Galicia en 2007-2008.

En xuño de 2008 recibe unha homenaxe na semana de Cine Español de Regensburgen. (Alemania), polas que se publicará un libro sobre a súa traxectoria como un dos curtametraxistas máis prolíficos de Europa.


Filmografia:

Longametraxes:

“Ni en sueños” (1994), rodado en 35 mm. Producido por J.L Rodríguez Carballido.
“El don de la duda” (2004), rodado en video digital. Producido por A Productora Morta.

Curtametraxes:

“Cual dos extraños” (1990)
“Cielito lindo” (1991)
“Cercanías” (1992)
“Carácter videográfico” (1992)
“Atlántico Express” (1993)
“Vete, Davis” (1994)
“Qué le pasó a mi Johnny” (1995)
“El ayudante peruano” (1996)
“No quiero ni pensarlo” (1996)
“Mátame unos cuantos” (1996)
“Pena máxima” (1997)
“Llaman a la puerta” (1997)
“El origen del problema” (1997) (Prod. Samarkanda)
“Esta noche cruzamos AL Misisipi” (1998)
“Décimo aniversario” (1998)
“La caja negra” (1998)
“Derechos de autor” (1999) (Prod. Imval)
“Una luz encendida” (1999)
“El momento oportuno” (2000)
“Las palabras necesarias” (2001)
“Esplendor en la hierba” (2001)
“Cuando llegue el frío invierno” (2001)
“¿Sabes qué día es hoy?” (2002) (Prod. Filmart)
“El barbero ciego” (2002) (Prod Kbza Líquida)
“Lugares sin importancia” (2003)
“Lost in Medina” (2004)
“Esperando” (2004) (Prod. A Productora Morta)
“Riazor Blues” (2005)
“Pernambuco” (2006) (Prod. La Fábrica Onírica)
“Francisco se casa” (2006)
“La pesadilla de Sam” (2006)
“La otra solución” (2006)
“Sin estrellas invitadas” (2006)
“Rosita y Jacinto” (2007)
“La cara B” (2007)
“Borrasca interior” (2007)
“A raza palleira” (2007)
“Trailers” (2007)
“No tardes” (2007)
“Las lágrimas” (2007)
“Los tesoros de Caracona” (2008)
“Gloria para todos” (2008)
“Vigésimo aniversario” (2008)
“El día libre” (2008)
“La vida era fácil” (2008)
“La gallina, la gallina y…la gallina” (2009)

Existen 3 curtas cuxo material, actualmente, está desaparecido. Dous gravaronse nos anos 80 en Super 8, e se titulaban “A caballo regalado…..” e “ Plumas eternas”. O outro é do ano 1995, gravouse en video e recibía o nome “Te como el rey”.

Documentais :

“La Real Philarmonía de Galicia” (1998)
“Lorca, Santiago y seis poemas gallegos” (1998)
“ManchArte, un año de chapapote” (2003)

Sem comentários:

Enviar um comentário