10/01/09

Grazas Urbano . Moitas grazas Amoeiro

Urbano, o tenente alcalde de Amoeiro, fixo o imposible para poder rodar en Amoeiro. Fixó as xestións para poder abrir o pazo museo un luns, (Grazas tamén a Galaxia e á Fundación Otero Pedrayo), e ademáis esta empeñado, en que a presentación da curta, prevista como sabedes para este luns, sexa todo un éxito.



Texto da invitación:


A tenencia de alcaldía do Concello de Amoeiro, comprácese en convidalo á estrea mundial da nova curta de Alber Ponte "A galiña, A galiña, e...a galiña", para o vindeiro 12 de xaneiro de 2009, no pazo museo Otero Pedrayo de Trasalba, ás 19 horas.

A presentación contará coa presenza do actor Victor Mosqueira (Mofa e Befa, mareas vivas, un paso adelante...) co director e guionista Alber Ponte, e parte do equipo da rodaxe.

Agardamos a túa asistencia.

1 comentário:

  1. Que mágoa non poder asistir por motivos de traballo, espero que sexa todo un exito, xa que tratandose de Alber Ponte sempre hai garantia dun proxecto de interese e ben realizado, e se ademais conta co voso apoio, so queda disfrutar.

    Un saudo a todos os implicados, e como non a protagonista principal.

    ResponderEliminar